Protectora animais
É obriga das administracións locais a recollida de animais, cans ou gatos, que non teñen dono.
O Concello de Mondoñedo asina un convenio con Animals Help para recoller e atender aos animais abandonados ou extraviados no termo municipal.
A asociación, con instalacións en Xermade, procurará a adopción internacional das mascotas. Animals Help, encargarase de recuperar física e psicoloxicamente a estes animais abandonados para a súa posterior inserción social como mascotas de compañía.



NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 24 de xaneiro de 2016.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de asinar un convenio coa Asociación Animals Help para recoller e atender aos animais abandonados ou extraviados no termo municipal. A Ley 1/1993 recolle que é obriga das administracións locais a recollida de animais, canso ou gatos, abandonados nas súas respectivas localidades.
Como asociación protectora de animais, Animals Help, encargarase de recuperar física e psicoloxicamente a estes animais abandonados para a súa posterior inserción social como mascotas de compañía, maioritariamente a través da adopción internacional mediante convenios pactados con asociacións da UE.
A asociación será a encargada dos traballos de esterilización e adopción, así como da educación social para a tenencia responsable de animais. Para levar a cabo as súas funcións a asociación dispón dun refuxio con instalacións propias no Concello de Xermade.
Animals Help encargarase da recollida dos animais e do traslado, da súa identificación mediante un microchip, da atención veterinaria e de cubrir as necesidades alimenticias e tratamentos que foran precisos. Ao mesmo tempo, procurará a adopción dos animais en debidas condicións e coa cartilla veterinaria que os identifique. 
Pola súa banda, o Concello de Mondoñedo velará polo cumprimento do acordo e pola normativa vixente de tenencia de animais de compañía. Dará aviso dos abandonos e colaborará coa asociación naquilo que sexa preciso.