Cova
O Concello de Mondoñedo pecha a temporada de visitas á Cova do Rei Cintolo cos mellores resultados da última década.
A alcaldesa salienta a importancia destas cifras que avalan o traballo do Goberno local dirixido ao impulso deste recurso turístico e anuncia que “seguiremos a traballar pola promoción deste enclave natural, un dos principais reclamos da nosa cidade”
O equipo de Goberno acadou un número de visitas en 2016 que ascende as 1.191 persoas, é dicir, un 36% máis que en 2015 e mesmo se deu un incremento do 54% respecto a 2014.
Entre a forte aposta que esta a facer o Goberno local pola cova destaca o proxecto dirixido a acondicionar a entrada ao enclave natural, que suporá un investimento de 80.000 euros financiado pola Xunta de Galicia.


NOTA DE PRENSA
O Concello de Mondoñedo pecha a temporada de visitas á Cova do Rei Cintolo cos mellores resultados dos últimos dez anos, incrementando ata nun 36% a afluencia de visitantes con respecto a 2015 e nun 54% en relación a 2014 (último ano de Goberno do bipartito).
A alcaldesa da localidade, Elena Candia, salienta a importancia destas cifras que “avalan o nosa aposta por este recurso” e adianta que “seguiremos impulsando a cova como principal reclamo turístico mindoniense” ao que engade que “informaremos da próxima data de apertura deste recurso aos visitantes”.


Tempada 2016
A campaña 2016 comezou o 21 de marzo e rematou o 10 de decembro batendo o récord de visitas da última década, xa que ao final da tempada teñen pasado pola cova 1.191 persoas. 
 
Ano Visitantes  Crecemento no 2016 
 2015  763 +428 
 2014  546 +645 
 2013  862 +329 
 2012  963 +228 
 2011  825 +366 
 2010  981 +210 
 2009  1050 +141 

Ao realizar a comparativa con anteriores anualidades, no 2016 obtívose un incremento de visitantes con respecto ao 2009 (último mellor ano anterior) de 141 persoas , é dicir, un 12%. O incremento en relación co ano pasado foi de 428 persoas, é dicir, a afluencia de visitantes subiu nun 36%. No 2014, desprazáronse 645 persoas menos ata a Cova do Rei Cintolo, o que supón que se duplicaron as visitas dende fai dous anos (incremento dun 54%).
O número de visitantes repartiuse por meses do seguinte xeito: en marzo, 72 persoas; en abril 110 persoas; en maio 129; en xuño 84; en xullo, 192; en agosto 286; en setembro 149; en outubro 55; en novembro 61 persoas e en decembro 53 persoas. 
897 persoas procederon da comunidade autónoma, sendo A Coruña a cidade que máis aporta; 294 chegaron do resto de España, especialmente de Madrid, e os restantes son turistas internacionais (existe un número moi reducido que non foi identificado pola súa procedencia).

Forte aposta do Goberno local
A alcaldesa de Mondoñedo destaca que a Cova é un “dos principais reclamos turísticos da cidade” de aí que “estamos a apostar fortemente por este recurso e seguiremos a traballar neste eido para impulsar a Cova do Rei Cintolo”.
No marco deste traballo de posta en valor deste reclamo turístico, a alcaldesa cita especialmente o proxecto consistente no acondicionamento da entrada á cavidade natural cunha pasarela de madeira respectuosa co medio ambiente para facilitar aos turistas o paso a este enclave.  Esta actuación supón un investimento de 80.000 euros, financiado na súa totalidade a través dunha subvención da Xunta de Galicia.
Ademais, a rexedora local cita, por exemplo, o convenio asinado coa Federación Galega de Espeleoloxía que permitiu mellorar o horario e unha maior flexibilidade de acceso á Cova do Rei Cintolo.
Así, o traballo do goberno local vese avalado en cifras, segundo remarca Candia, quen engade que “seguiremos impulsando a cova mediante un plan de promoción da mesma, que tamén levaremos a cabo”.
 
Visitantes Cova