Un municipio para invertir‘Mondoñedo, un municipio para invertir’ é o título dun informe que se presentará no Centro Comarcal mindoniense o venres 13 de xaneiro ás 13:00h. O documento recolle unha pormenorizada relación dos recursos do municipio e as posibilidades empresariais que ofrece.
A alcaldesa, Elena Candia, salientou importancia deste traballo que pretende “poñer en valor e dar a coñecer todos os recursos que temos e captar dese xeito a inversión na nosa localidade” 
A situación xeográfica, a súa proximidade ao mar e aos fluxos turísticos, os seus enclaves turísticos máis destacados, o rico patrimonio histórico e arqueolóxico, as tradicións culturais e a gastronomía, as actividades produtivas... Así como os recursos naturais da localidade, a disponibilidade de chan industrial a precios asequibles, as instalacións industriales e inmobles ociosos (Ecar, edificios no rural, o antigo hospital...), incentivos públicos existentes para crear empresas ou as oportunidades relacionadas co potencial turístico e agroalimentario, son, entre outros, algúns dos asuntos que se abordan no estudo e se queren dar a coñecer.