Coa execución do proxecto de rehabilitación, o goberno local dá solución a un inmoble que herdou en condicións lamentables e que, polo estado de deterioro no que se atopa, xera inseguridade e afecta aos propietarios lindeiros. O edificio no que se actuará é unha edificación con semisoto, planta baixa e planta primeira. Estivo dedicado a vivenda, pero na actualidade non ten un uso específico.

O Concello de Mondoñedo ten entre ás súas liñas prioritarias de intervención a recuperación do patrimonio construído, así como a promoción do Camiño Norte, como acredita o traballo efectuado neste terreo durante
os últimos anos. Agora dá un paso máis e proxecta a rehabilitación do inmoble número 10 de San Paio, na parroquia de Santiago, para dedicalo a usos culturais vencellados ao Camiño Norte. Nunha primeira etapa, á intervención centrarase no exterior do edificio. O orzamento de licitación ascende a 38.000 euros. O Concello acaba de conseguir para esta obra unha subvención de 20.000 euros do Instituto de Estudos do Territorio. Este inmoble foi cedido ao Concello en setembro de 2003 e o pleno aceptou a cesión en febreiro de 2007.

O goberno local, presidido por Manuel Otero, destaca que, coas obras programadas, o Concello dá solución a un inmoble, que, polo lamentable estado de conservación no que se atopaba, xera inseguridade e afecta aos propietarios lindeiros. Unha vez máis, indican fontes municipais, o goberno local foi capaz de dar solución a un edificio que herdou nunha situación insostible, ao igual que xa fixo en moitos outros casos. Nesta
ocasión, a rehabilitación do edificio suporá corrixir o que ata agora era un impacto paisaxístico negativo no Camiño Primitivo.

O edificio no que se actuará é unha edificación con semisoto, planta baixa e planta primeira. Estivo dedicado a vivenda, pero na actualizade non ten un uso específico. A grandes trazos, a intervención prevista suporá a instalación dunha estada homologada e lona, demolición e retirada completa de restos da cuberta de madeira e tellado, picadura de revocaduras en muros, novos enfoscados de morteiro de cal e revocadura de cal graso en tres capas; instalaranse novas vigas e viguetas de madeira de castiñeiro e colocarase cango de madeira de castiñeiro. Igualmente está prevista a instalación de canos de zinc e baixantes. Levarase a cabo unha nova cubrición de lousa e procederase a reparación da porta e fiestra de madeira de acceso á vivenda na fachada principal. Será reparado o muro traseiro de cachotaría con pezas de cuarcita, procederase a reparación da cornixa da fachada traseira e pintarase ao silicato ou a cal a fachada principal.