Xornadas
O Goberno local programa para os días 11, 12 e 13 de decembro as XV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Villaamil y Castro.
A matrícula, de carácter gratuíto, poderá formalizarse ata o venres día 11 de decembro.
Para a súa organización o Goberno local conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira, Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
 
 
NOTA DE PRENSA
O Goberno local do Concello de Mondoñedo programa para os días 11, 12 e 13 de decembro as XV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Villaamil y Castro. Para a súa organización o Goberno local conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira, Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Programa
As xornadas darán comezo o día 11 de decembro ás 19:30 horas coa recollida de documentación no salón de actos da Casa da Xuventude. De seguido terá lugar o acto de inauguración e ás 20:00 horas o arqueólogo e antropólogo Francisco Calo Lourido pronunciará o relatorio A verba celta é tan polisémica que perdeu o seu significado.
O sábado ás 18:30 horas o relatorio correrá a cargo de Fermín Pérez Losada, da Universidade de Vigo, e levará por título: Arqueoloxía dos asentamentos rurais na Galicia romana: villae e casais.
O domingo día 13 ás 09:00 farase a saída de Mondoñedo para visitar o xacemento romano de Cambre, en A Coruña. Amais do xacemento, tamén se verá a igrexa de Santa María de Cambre, do século XII. Os participantes estarán acompañados polo director do xacemento romano, Ramón Boga Moscoso.
Matrícula
A matrícula do curso é de balde e pódese tramitar por correo ordinario -no enderezo Praza do Concello, s/n, 27740 Mondoñedo, Lugo- por fax, no número 982507421, ou a través do teléfono 982524003. Tamén se pode facer a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
A matrícula por correo electrónico pechará o día 11 ás 00:00 horas e ás 14:00 horas por correo ordinario.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, subliña a importancia dunhas xornadas que este ano celebran a súa edición número XV. “A súa continuidade vén a demostrar a nosa aposta decidida pola cultura, clave para o desenvolvemento do noso municipio”, remarca.
 
Cartel